publicidade hoxe

Abegondo comeza a instalación dunha cuberta no patio de Infantil do CEIP San Marcos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O Concello de Abegondo acaba de comezar unha importante obra no colexio San Marcos. Non en balde tratábase da principal petición de mellora manifestada pola ANPA e pola propia dirección do centro. O alcalde, José Antonio Santiso, intercedió ante a Xunta para lograr o apoio económico necesario e poder levar a cabo a actuación.

En concreto, trátase da instalación dunha cuberta no patio de Infantil do centro de ensino, unha carencia que presentaba o centro. Isto provocaba que os nenos de 3 a 6 anos non dispuñan dunha zona exterior que lles protexese do sol ou da choiva. Os traballos acaban de empezar coa instalación da estrutura sobre a que se colocará a cuberta. O alcalde desprazouse até o CEIP para comprobar o avance das obras.

“Consideramos lóxico e fundamental a idea de que os alumnos de Infantil tamén dispoñan dun espazo de esparexemento, con independencia das condicións climatolóxicas”, expuxo.

Santiso avanza que unha vez completada a obra, o Concello tentará dotar á cuberta dun motor que permita retraerla. Deste xeito, para os días con condicións meteorolóxicas adecuadas, poderase estar tamén ao aire libre e deixar o acceso da luz.

O primeiro edil agradece a “sensibilidade” do xefe territorial de Educación por apoiar un proxecto “sinxelo para básico para o colexio”. O investimento realizado rolda os 30.000 euros. Prevese que os traballos poidan completarse en poucos días para estar listos co inicio das clases.

Esta mellora no CEIP unirase á acometida polo Concello coa instalación dunha pasarela que conecta o edificio principal coas aulas de Infantil, protexendo o paso do mal tempo.

26 de agosto de 2014 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.