publicidade hoxe

A Xunta financiará a mellora da rede de augas pluviais do parque empresarial de Landrove en Viveiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoViveiro
A-
A+

Xestur Galicia financiará parte dos custes da instalacións dun separador de aceites e hidrocarburos na rede de augas residuais pluviais do parque empresarial de Landrove, no concello de Viveiro.

Con tal fin, o Consello de Administración de Xestur aprobou a sinatura dun convenio de colaboración co concello de Viveiro para a realización desta infraestrutura hidráulica, demanda por Augas de Galicia.

Compre lembrar que a urbanización do parque empresarial xa foi cedida por Xestur ao concello de Viveiro, administración que debería encargarse desta actuación cuxas obras están valoradas en case 30.000 euros (27.384,20).

O financiamento das obras será achegado nun 80 por cento pola Consellería de Economía e Industria, a través da liña de axudas para a mellora de infraestruturas de saneamento en parques empresariais xa existentes; mentres que o 20 por cento restante será financiado por Xestur Galicia. Pola súa banda, o Concello de Viveiro achegará os terreos necesarios para a realización das obras e encargarse da contratación das mesmas.

O parque empresarial de Landrove é unha promoción da empresa pública Xestur Galicia e conta cunha superficie total de 130.446 metros cadrados, dos que 84.394 metros cadrados son de uso industrial, divididos nun total de 41 parcelas, das que xa foron vendidas 14, cunha superficie total de preto de 32.000 metros cadrados.

4 de agosto de 2014 | 14:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.