publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Pobra de Trives xa conta con guías para coñecer os lugares máis senlleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de Trives
A-
A+

O Concello da Pobra de Trives vén de editar unhas guías en forma de tríptico para dar a coñecer os lugares máis senlleiros do municipio.

Trátase por unha banda dunha actualización do rueiro acompañado con lendas e explicacións sobre os monumentos e edificacións civís e relixiosas que se atopan no casco da vila e tamén os que están fóra do perímetro urbano.

A segunda das guías leva por título “Sendeiros da Pobra de Trives” e recolle os distintos roteiros formados ao longo do tempo no territorio municipal e que permiten explorar a natureza e realizar actividades deportivas. Deste volta proporcionase información detallada sobre a Ruta de Sobrado, a Ruta da Via Nova, a Ruta dos Sequeiros e o Barranco do Navea.

13 de agosto de 2014 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.