publicidade hoxe

A Olympus será a principal atracción das festas do Carme de Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, avanza que a Orquestra Olympus será a principal atracción das Festas do Carme que terán lugar na localidade entre o 19 e o 22 de setembro. En concreto, a actuación desta Orquestra, unha das mellores de Galicia, está prevista para o día 21 de setembro, domingo.

A comisión organizadora das Festas do Carme de Sober comezou os pasados días o seu percorrido pola capitalidade para recadar fondos para os festexos. O Goberno local do Concello de Sober colabora coa organización e agarda que un ano máis as festas cumpran as expectativas de todos os veciños e veciñas.

O día 22 de setembro será festivo local e a xornada na que se fará a tradicional paella xigante, que será de balde para todos e todas os participantes.

A comisión segue a perfilar estes días o programa completo das festas, nas que haberá actividades relixiosas, infantís e bailes de tarde noite. Tampouco faltará na programación a actuación da Banda de Música de Sober, como vén sendo habitual. O programa completo darase a coñecer nos próximos días.

9 de agosto de 2014 | 15:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.