publicidade hoxe

A oficina de turismo da Xunta en Vigo xa conta cun sistema de videointerpretación para persoas con discapacidade auditiva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

A oficina de turismo da Xunta de Galicia en Vigo conta cun novo sistema de interpretación en linguaxe de signos coñecido como BILDTEC. Este sistema permite gañar independencia e comodidade as persoas xordas ou con discapacidade auditiva ao tempo que dota de maior facilidade a asistencia do servizo de información dos recursos e empresas turísticas de Galicia.

A partir de hoxe, este colectivo poderá recibir toda a información que precise sen necesidade de ir acompañado ou acompañada dun intérprete gracias a este sistema e así o explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación que se realizou na propia oficina da rúa Canovas del Castillo.

No acto, Nava Castro explicou que dende Turismo de Galicia traballan insistentemente para que todos aqueles que queiran gozar dun destino multiexperiencial como é Galicia poidan realizalo sen ningún tipo de trabas.

Segundo dixo, tendo en conta esta premisa, o Plan Integral de Turismo de Galicia recolle na liña estratéxica de Galicia como destino ambiental, social e economicamente sostible unha acción dirixida á posta en marcha do Programa Galicia Turismo Accesible que pretende darlle continuidade ao traballo iniciado coa publicación da guía de “Aloxamentos accesibles” na que se detalla as características dos establecementos accesibles para persoas con discapacidade física.

O Programa Galicia Turismo Accesible ten como obxecto aglutinar aquelas experiencias postas en marcha en diferentes destinos galegos e deseñar novas accións para presentar unha oferta turística de turismo social apta para todas as persoas, con independencia da súa idade, discapacidade ou situación.

Neste programa ademais de deseñar un Plan Director de Accesibilidade Turística que estará listo no primeiro semestre de 2015, concrétanse outras accións a impulsar, tal como comentou a directora de Turismo, como a formación práctica e sectorializada en materia de accesibilidade para empresas turísticas e persoal da administración e o apoio para a adaptación de infraestruturas e empresas turísticas á normativa vixente e a criterios DALCO (deambulación, aprehensión, localización e comunicación).

No Plan Integral de Turismo de Galicia tamén engade unha acción mais relativa a colaboración cos destinos que xa teñen deseñadas accións dirixidas a estes colectivos para potencialos como destinos turísticos accesibles.

14 de agosto de 2014 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.