publicidade hoxe

A Garda Civil imputou a un veciño de Moraña por conducir baixo a influencia de drogas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMorañaSucesos
A-
A+

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra imputou a M.M.P., de 35 anos de idade e veciño de Moraña como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria ao conducir baixo a influencia de sustancias estupefacientes.

A pasada semana produciuse un accidente na estrada PO-305 (Saiar-Vilagarcía), punto quilométrico 0,900 e termo municipal de Caldas de Reis, consistente nunha colisión frontal entre o turismo marca SUZUKI, modelo VITARA, e o turismo marca OPEL, modelo COMBO, onde resultaron feridas leves a condutora e acompañante do Opel Combo.

O accidente prodúcese como consecuencia de invadir a esquerda da vía o condutor do Suzuki, debido a unha velocidade inadecuada.

Cando se procede á identificación do condutor, suposto causante do accidente, e ao notar que presenta síntomas evidentes de poderse atopar baixo a influencia de sustancias estupefacientes, procédese á realización da proba en drogo-test, dando positivo en cannabis.

Por todo iso procédese á súa imputación e á instrución das correspondentes dilixencias que foron entregadas no Xulgado de Instrución número DOUS de Caldas de Reis, onde terá que presentarse o imputado cando para iso sexa requirido.

14 de agosto de 2014 | 12:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.