publicidade hoxe

A Garda Civil detivo en Meaño ao suposto autor dun roubo con violencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeañoSucesos
A-
A+

Un veciño de Meaño que responde as iniciais de J.B.S., de 24 anos de idade, foi detido onte por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo como presunto autor dun roubo con violencia, ocorrido o pasado martes, nun local comercial de Meaño.

Segundo o desenvolvemento dos feitos, o agora detido, tras cubrir o seu rostro cunha careta, propinaría un forte golpe no rostro ao propietario do establecemento, logrando tiralo ao chan e apoderarse de 1200 euros que portaba na súa vestimenta, causándolle lesións das que sería atendido no Centro Médico da localidade.

A estreita colaboración na investigación entre a Garda Civil e Policía Local de Meaño, permitiría determinar que sobre a hora do feito, atopábase nas inmediacións do lugar un veciño coñecido da localidade que xa en datas pasadas propiciaría un episodio violento que lle obrigaría a cumprir unha pena de prisión.

A pesar de ser identificado instantes despois da comisión do feito, foi necesario recompilar indicios obxectivos que permitirían posteriormente a súa detención no seu propio domicilio.

O detido pasará hoxe a disposición do Xulgado de Instrución número DOUS de Cambados.

8 de agosto de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.