publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Garda Civil baralla a hipótese de que o mozo que se disparou en Castro de Rei non verificara a bala da recámara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastro de ReiPolPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A pistola coa que se disparou na cabeza na noite do sábado ao domingo o mozo de Pol (Lugo), do calibre 22 e con número de serie, non dispuña de cargador. Por iso, os investigadores da Garda Civil sospeitan que o mozo non verificou que tiña unha bala na recámara.

Adrián Díaz Fernández, de 19 anos e procedente do concello lucense de Pol, faleceu na madrugada do sábado ao domingo dun disparo na cabeza, nas inmediacións dun céntrico bar en Castro Ribeiras de Lea, no municipio lucense de Castro de Rei (Lugo).

O mozo atopábase no interior dun turismo, acompañado de varios amigos, cando se disparou na cabeza. Cando chegou o persoal médico até o lugar do suceso, o mozo aínda se atopaba con vida, segundo precisou o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.

Fontes da investigación barallan varias hipóteses. De feito, aseguraron que “están todas as hipóteses abertas”. E é que, ademais da do suicidio, barállase que Adrián Díaz tentase realizar unha broma ao sacar a pistola. Así, estas fontes supoñen que o mozo sacou o cargador e pensou que non había esa bala na recámara.

Aínda que a pistola ten o número de serie -non foi borrado- non aparece a nome de ninguén, polo que fontes da investigación sondan a procedencia e a titularidade da arma.

INFORME DA AUTOPSIA

Tamén están á espera de recibir o informe da autopsia por se estivese o mozo baixo os efectos de “sustancias sicotrópicas” e de alcol.

Así mesmo, a Garda Civil toma declaración este martes a tres dos mozos que acompañaban a Adrián Díaz no momento en que se produciu o suceso.

5 de agosto de 2014 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.