publicidade hoxe

A Escola de Teatro Valle-Innova actúa en Celanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

Por vez primeira nos seus sete anos de percorrido, a Escola de Teatro Valle-Innova da Fundación Valle-Inclán achegase ás terras de Ourense, en concreto á vila de Curros Enríquez: Celanova.

Para esta estrea na localidade ourensá o grupo de teatro da Fundación ten preparado un repertorio especial, que mostrará este xoves 7 de agosto en distintos puntos do concello:

–A VIRXE DO CRISTAL. Teatro visual. 22:00 horas. Claustro so Mosteiro de San Salvador de Celanova.

O famoso poema da Virxe do Cristal de Curros será representado en clave visual polo grupo de teatro, que adaptou os versos e os dramatizou para a ocasión.

–VOU MORRER E NON VEN… Performance poética. 22:30 horas. Praza do Concello.

Unha noite na eira do trigo e outro dos poemas clave de Curros Enríquez, que verá a luz en modo coral na praza principal de Celanova, para conmover a todos aqueles que, coma os dous poetas que nos acollen, viviron tan de preto a inmigración galega.

–PASARRÚAS TEATRAL dende a Praza do Concello ata a Casa-Museo Curros Enríquez. 22:45 horas.

Unha vez finalizada a dramatización do poema anterior Valle-Innova percorrerá as rúas de Celanova ata chegar á Casa-Museo, nun pasarrúas acompañado dos espectadores as distintas pezas dramáticas

–DOUS MESTRES, UNHA VIDA. Visita guiada dramatizada pola Casa-Museo de Curros Enríquez. 23:00 horas.

Para finalizar a velada, e como prato forte, os actores e actrices interpretarán distintos textos de Valle nas estancias da Casa-Museo. Durante máis dunha hora ó público poderá disfrutar dunha primeira parte de monólogos e escenas dramáticas valleinclanianas, entre as cales se contará, de boca dunha personaxe-guía, as similitudes (moitas, por certo) entre as vidas de ambos mestres das letras nados en Galicia. Ó final do percorrido, xa na eira, cambiarase a clave intrerpretativa, para que os espectadores se vaian cunha boa dose de humor e algunha sorpresa para á casa, na escena final na que participan todas as personaxes.

Poesía e Teatro dánse a man no nome de Dous Grandes Mestres da Nosa Terra.

6 de agosto de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.