publicidade hoxe

A escola de Carnés en Vimianzo permanecerá aberta o vindeiro curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaVimianzo
A-
A+

A Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, vén de anunciar que a Escola de Educación Infantil de Carnés (no concello de Vimianzo) manterase aberta durante o vindeiro curso 2014-2015. Os responsables educativos acaban de adoptar esta decisión logo de revisar os datos oficiais de matrícula e de detectar un erro no reconto de alumnado por parte da Inspección educativa.

A confusión xerouse debido a que, nun momento do proceso, a nai dun alumno matriculado nesta escola comunicou a intención de trasladalo a outro centro, pero finalmente deixou sen efecto dita decisión.

Non obstante -ao igual que no resto dos centros-, no mes de setembro a Consellería comprobará que o número de alumnos escolarizados se axusta á realidade, é dicir, que coincide co número de matriculados. De non ser así, procederá a adoptar a decisión que corresponda.

A Consellería de Cultura e Educación lembra que a decisión de pechar ou non unha unitaria responde a criterios obxectivos e transparentes para toda a Comunidade. Neste senso, procédese ao peche dunha unitaria sempre e cando non supere os cinco alumnos matriculados ao remate do período ordinario de matrícula.

19 de agosto de 2014 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.