publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación de Lugo ofrece 200 prazas gratis para Lugoteando no Incio e na Pobra do Brollón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do BrollónLugoO Incio
A-
A+

Logo do éxito no Valadouro, coa participación de preto de 90 persoas, a Deputación leva o sábado ó Incio e o domingo á Pobra do Brollón as actividades gratuítas e para todos os públicos do Lugoteando. Son 200 as prazas dispoñibles, 100 en cada municipio, que se poden solicitar en www.deputacionlugo.gal e no 982-260-147. Sewgay, skates a motor ou paddle surf son algunhas das actividades terrestres e acuáticas que os cidadáns practicarán a custe cero nestes municipios da zona Sur durante a fin de semana. Os menores de idade que desexen participar deberán presentar unha autorización firmada polos pais ou titores, que tamén se pode descargar na web da Deputación.

O sábado, 16 de agosto, no embalse do Incio, e o domingo, 17 de agosto, na praia fluvial da Pobra do Brollón, haberá as seguintes actividades:

- terrestres: segway, un transporte lixeiro de dúas rodas no que o usuario utiliza o peso do corpo para manexalo e que se impulsa a motor silencioso e non contaminante; skates a motor, taboas de skateboard que contan cun motor eléctrico respectuoso co medio ambiente; ou o Longskate, variante do skate, pero máis longo do habitual que se utiliza normalmente para descender costas, derrapar ou simplemente como medio de transporte.

- acuáticas: paddle surf, forma de desprazamento na que o navegante vai cun remo sobre unha táboa de surf; bólas acuáticas, pelotas de plástico transparente coas que se pode camiñar sobre a auga; ou patinetes acuáticos, pequenas embarcacións ideais para os máis cativos.

Calendario

Tamén está aberto o prazo de solicitude para as seguintes actividades do Lugoteando, tras as do Incio e A Pobra do Brollón, nas mencionadas canles (www.deputacionlugo.gal e 982-260-147). O calendario é o seguinte:

- 23 de agosto: Burela, na praia urbana.
- 29 de agosto: Guitiriz, na praia fluvial de Parga.
- 5 de setembro: Vilalba, no complexo da Magdalena.
- 7 de setembro: A Fonsagrada, na Praza do Concello.
- 6 e 7 de setembro: Lugo, na área recreativa de Los Robles.

Son outras 500 prazas gratuítas (100 por Concello).

Deste xeito, a Deputación leva o Lugoteando a todas as zonas da provincia (Sur, centro, Costa e Montaña), sendo, no seu conxunto, un total de 700 as prazas ofertadas a custe cero.

Esta é a 5º edición desta programación, coa que a institución aposta polos recursos fluviais e litorais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando potencia o ocio medioambiental e o turismo, ó tempo que contribúe a impulsar negocios lucenses de diferentes sectores –hostalería, gastronomía, deportes e multiaventura, etc.-, mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.

13 de agosto de 2014 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.