publicidade hoxe

A Deputación de Lugo mellora con outros 60.000 euros as comunicacións na Pobra do Brollón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do BrollónLugo
A-
A+

A Deputación rematou as melloras de 60.000 euros nas estradas LU-P-4707, da Pobra do Brollón por Saa a Castela, e LU-P-4706, de Ferreirúa a Ferreiros. Tendo en conta as avaliacións dos técnicos provinciais sobre o estado destas vías, así como o número de usuarios que rexistran, a institución luguesa levou a cabo as tarefas de limpeza de cunetas en ambos os dous viais, e acondicionou o firme con aglomerado en quente nun quilómetro da LU-P-4707. Os máis de 100 veciños de Santo Adrián, A Pousa, Cobadelas ou Lourente empregan a diario a LU-P-4707, posto que é o principal acceso á localidade da Pobra do Brollón dende estes núcleos. A LU-P-4706 fai de acceso á parroquia de Ferreirúa.

A Deputación conta coa rede viaria máis extensa de España, ó superar os 4.200 quilómetros nos 67 Concellos lugueses, nos que fai un grande esforzo inversor, malia o recorte nun 30% das transferencias do Estado á institución. Por exemplo, só ó Plan de Conservación, que ese executa entre este ano e o 2018, achega 18,2 millóns de euros.

Deste orzamento, preto de 2 millóns de euros son para o mantemento dos 80 quilómetros provinciais da Pobra do Brollón, así como dos que se distribúen nos outros 8 Concellos da zona sur, que integran a zona 8 da rede viaria provincial. Trátanse de  Bóveda, Monforte, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.

Á conservación engádense as tarefas de roza, rebacheo ou aglomerado. Deste xeito, son máis de 400.000 euros os que destinou a Deputación ó aglomerado de vías provinciais na Pobra do Brollón. Estas son: dende Pino ata Santalla de Rei; da Pobra do Brollón á Folgoso do Courel; da estrada de Bóveda á da Pobra do Brollón a Incio; da vía 4701, por Salcedo á Estación; ou na 4707, da Pobra do Brollón por Saa a Castela.

6 de agosto de 2014 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.