publicidade hoxe

A Deputación da Coruña inviste 45.000 euros na creación dun roteiro turístico polo Val de Vimiazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaVimianzo
A-
A+

A Deputación da Coruña colaborará con 45.000 euros na creación dun roteiro turístico polo Val de Vimianzo co obxectivo de poñer en valor o seu patrimonio etnográfico, cultural e natural.

No último pleno provincial decidiuse asinar este acordo co concello de Vimianzo  polo que se financia o 80% do proxecto, cun orzamento total 56.250 euros.

Esta actuación supón a conexión dos principais puntos de intereses turístico do entorno mediante unha ruta a pé e que poderá empezar  e rematar en calquera dos lugares de paso da mesma. Para iso instalaranse seis paneis informativos sobre o traxecto no entorno do castelo de Vimianzo, no pazo de Traseriz, na casa da cultura, no río Cambeda, no muíño do Agra e no castro das Barreiras. Ademais, se lle dará difusión ao roteiro a través dunha nova páxina web.

O proxecto inclúe as obras de urbanización, e a pavimentación do paseo fluvial para incorporalo á rede de camiños e espazos públicos do núcleo de Vimianzo. Está previsto instalar tamén unha varanda ao longo do río e ata a rúa Vilar.

7 de agosto de 2014 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.