publicidade hoxe

A Deputación da Coruña achega 105.000 euros a Culleredo para urbanizar a parcela do futuro colexio na avenida de Rutis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCulleredo
A-
A+

O vicepresidente segundo da Deputación, Antonio Cañás, asinou esta mañá un acordo co alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, polo que o ente provincial achegará 105.000 euros para a urbanización da parcela, na avenida de Rutis, entre Vilaboa e Acea da Ama, onde se construirá o novo Colexio de Educación Infantil e Primaria.

A partida representa o 55% do orzamento total, que ascende a 190.935,08 euros. As obras inclúen todas aquelas actuacións precisas para localizar no predio de 14.000 metros cadrados un centro escolar. Así, instalarase a rede de abastecemento de auga e a de saneamento, ademais do alumeado público e os servizos de telecomunicacións; o que permitirá ceder os terreos para construír o colexio.

“Hai que entregar os terreos urbanizados para que a Xunta poida licitar a edificación”, declarou o alcalde, que se mostrou agradecido pola contribución da Deputación. 

Antonio Cañás, pola súa banda, mostrouse satisfeito de poder colaborar cunha actuación como esta, que permitirá, nun futuro, incrementarlles os servizos á veciñanza de Culleredo.

7 de agosto de 2014 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.