publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Carpa Xplora de Xuventude visita aos xóvenes de A Rúa, Parada do Sil e A Merca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA MercaA RúaParada de SilXuventude
A-
A+

A Carpa Xplora Xuventude achégase hoxe ata as localidades ourensás da Rúa, Parada do Sil e A Merca para informar aos mozos e mozas galegos sobre os recursos e programas dirixidos a eles, e para facilitarlles asesoramento por parte de técnicos especializados.

A actividade, organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, estará situada na praza do concello da Rúa, entre as 10,00 e as 12,00 horas; no campo da feira de Parada do Sil, entre as 14,00 e as 16,00 horas; e na piscina da Merca, entre as 18,00 e as 20,00 horas.

A campaña está a desenvolverse por toda Galicia entre os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Durante estes meses, os técnicos da Rede galega de dinamización xuvenil percorrerán 110 localidades da xeografía galega.

Cabe destacar que, ademais de información de interese, estas carpas pretenden ofrecer un espazo aos grupos de mozos e mozas e entidades xuvenís no que poidan amosar as actividades e propostas que levan a cabo, servindo como escaparate do talento xuvenil.

14 de agosto de 2014 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.