publicidade hoxe

A Biblioteca ‘Rosalía de Castro’ de Arzúa acolle unha sesión de contacontos infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa informa que mañá, mércores día 12 de agosto, terá lugar na Biblioteca Municipal ‘Rosalía de Castro’ unha sesión do espectáculo ‘Dada o Duende’ a cargo da compañía Eduvía. Neste contacontos, dirixido especialmente aos nenos e nenas de entre tres e doce anos, o Duende Dada deleitaranos cun repertorio de contos nos que se traballarán valores como a convivencia e a igualdade, o respecto polo medio ambiente ou o traballo en equipo. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector entre os máis pequenos a través destes contos máxicos. A actuación dará comezo ás doce do mediodía e terá unha duración aproximada de cincuenta minutos. A entrada será libre e gratuíta.

12 de agosto de 2014 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.