publicidade hoxe

A Asociación de Comerciantes de Viveiro amplía o seu ámbito de actuación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+

Unha vez realizados todos os trámites administrativos para proceder á ampliación do ámbito de actuación da Asociación de comerciantes do Centro histórico de Viveiro, recibimos no día de hoxe todas as autorizacións pertinentes para levar a cabo o mesmo. Tras meses de traballo, consultas, asesoramentos legais e demais trámites, os estatutos quedaron modificados podendo dar de alta desde este mesmo momento a todos os negocios da zona de Lodeiro, a variante e Verxeles.

Durante estes días serán enviadas cartas a todos os negocios destas zonas, con información da Asociación, os seus obxectivos e actividades, para que todos aqueles que o desexen poidan darse de alta como asociados.

Desde a Directiva e a xerencia da Asociación trabállase desde estes momentos nun cambio de imaxe corporativa para convertela en moderna e dinámica, acorde ao que pretende transmitir o comercio na etapa actual, unidade e competitividade. O obxecto principal é axuntar os máximos esforzos posibles para fomentar e defender as compras no comercio local.

Desde hai anos vén traballando en distintas campañas de dinamización comercial ao longo de todo o ano, algunhas xa afianzadas co tempo e outras de recente creación como os Concursos de Tapas ou a Feira de Stocks de Agosto. Tamén se realizan convenios de colaboración con distintas empresas e organismos para conseguir vantaxes competitivas para os asociados, porque non é o mesmo negociar de forma individual que para un colectivo. Ocúpanse da representación dos intereses do comercio ante organismos institucionais como Concello, Xunta ou Deputación, porque falando como colectivo fánse ouvir mellor. Forman parte e participan activamente na Federación de Comercio da Mariña, porque a unidade como comarca abrira as portas ao exterior. E o máis importante, é que calquera actividade que seorganices no pobo, que atraia e mobilice clientes favorece a toda a economía local… porque os comercios dan vida ás cidades.

APERTURA DÍA 15 DE AGOSTO

O venres 15 de Agosto o comercio asociado ao Centro histórico abrirá as súas portas en horario especial de festivos, de 11a 14 horas e de 18 a 21 horas.

II FEIRA DE STOCKS

Do 19 ao 21 de Agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varelase levará a cabo a II Feira de Stocks organizada pola Asociación de comerciantes do Centro histórico de Viveiro.

Cun total de 14 participantes contará con artigos de moda de home, muller e nenos, deportes, complementos, óptica, mobles, xoiaría e zapaterías. O éxito da pasada feira estivo baseado en gran medida pola variedade de sectores e artigos postos á venda cuns prezos moi reducidos.

Durante 3 días e en horario de 11 a 14 e de 18 a 21 horas, os comerciantes sacarán á venda produtos das últimas tempadas e os clientes poderán aproveitar para adquirir verdadeiras gangas.

Contando coa afluencia de xente que ten Viveiro no mes de agosto, desde a asociación esperan repetir o éxito obtido o ano pasado.

12 de agosto de 2014 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.