publicidade hoxe

A asociación cultural Trazantes de Tenorio visitará Salamanca, Zamora e Portugal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

A.C. Trazantes de Tenorio (Cotobade) está a realizar este ano varias saídas a nivel nacional, continuando a labor iniciada xa en tempadas anteriores nas que viaxaron a Francia, Portugal, e outras ciudades de España, coobxectivo de dar a coñecer a nosa cultura tradicional máis aló das nosas fronteiras. No mes de xullo,xaviaxaron a Badaxoz (Mérida, Montijo, Puebla de la Calzada) e durante este mes de agosto o farán a Salamanca (Guijuelo), Zamora e Portugal.

Estas iniciativas culturais, namodalidade de intercambio, son moisalientables para o grupo. De feito, aproveitan para visitar ditas ciudades e arredores, acercándose aos distintos aspectos relacionados coa gastronomía, monumentos, museos e cultura en xeral.

A asociación impulsa varias actividades no concello de Cotobade,como a realización de varios festivais durante o ano co fin de fomentar a nosa cultura. De feito, en xulloxativo lugar o Festival Internacional de Cotobade, coa participación de grupos internacionais procedentes de Hungría e Chile. Para o mes de setembro terá lugar a VI MostraTrazantes (na que participarán grupos da comarca e Portugal) e en decembro o Festival Solidario ( na que asistirán grupos doutras comunidades españolas).

Destaca tamén pola súa implicación coa mocidade do concellocotobadés e limítrofes, a base e futuro dos grupos folclóricos. O obxectivo é centrar a posta en valor e en dar a coñecer aos máis xoves as distintas modalidades da cultura musical galega.

1 de agosto de 2014 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.