publicidade hoxe

XVII Subasta de gando selecto da MOEXMU

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A comisión organizadora da XXX edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, organizou o pasado sábado 19 de xullo do 2.014 a XVII edición da subasta de gando selecto, dende as 12:00 ata as 14:45 horas.

Finalmente vendéronse 27 dos 29 animais apuntados, de 18 ganderias, todas da provincia de Lugo e de Control Leiteiro. Os animais ofertados tiñan unha alta cualidade xenética.

O montante final da subasta foi de 51.900,00 €. O prezo medio das femias presentadas foi de 1.965,00 € (algo inferior á subasta celebrada no Recinto o pasado mes de abril), pero tendo en conta as condicións actuais do mercado do leite, con baixadas do prezo do mesmo, marcaron a tendencia dos prezos finais das cabezas.

O único xato vendido alcanzou o prezo de 800,00 €, mentras que os prezos das femias oscilaron entre os 1.500,00 € ata os 2.600,00 € da cabeza da gando que alcanzou o prezo máis elevado.

A vaca que alcanzou o prezo máis elevado pertencía á Gandería Vila (Nadela – Lugo), parida o pasado 12 de xuño, con un ICO de 2.618, o que a sitúa como un animal de alto valor xenético e entre o 10 % das mellores vacas de España.

Da Gandería Vega de Ansemar (Castro de Rei) pertencía a xovenca que alcanzou un maior valor na puxa e que está preñada do pasado mes de novembro.

Durante toda a maña, houbo unha gran concurrencia de público nas instalacións preparadas no Recinto Feiral “Manuel Vila”, según moitos deles, modélicas para desenvolver este tipo de actividades. Dende a organización saliéntase a confianza dos gandeir@s á hora de adquirir animais neste tipo de eventos.

Gracias á colaboración de Xenética Fontao, todos os compradores foron obsequidados cun lote de dosis de touros probados, por cada animal adquirido. O transporte dos animais adquiridos corre a conta da comisión para os compradores da provincia de Lugo (982 284 391).

Ademáis Piensos Nanta (Nanfor), aportou parte da manutención do gando participante (Miguel 609 750 853). O muxido das cabezas de gando, correrá a cargo de Hermanos Falcón de Bretoña, que colabora deste xeito coa XVII edición da Subasta de Gando da Moexmu (606 394 856).

Organizou a comisión organizora da MOEXMU e Africor Lugo (Ramiro 982 250 714). Colaboraron Hermanos Falcón, Piensos Nanfor, Xenética Fontao, o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia.

23 de xullo de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.