publicidade hoxe

XVII Subasta de gando selecto da Moexmu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A comisión organizadora da XXX edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, organiza o vindeiro sábado 19 de xullo do 2.014, a partir das 12:00 horas a XVII edición da subasta de gando selecto.

Finalmente son un total de 30 animais os apuntados, de 18 ganderias, todas da provincia de Lugo e de Control Leiteiro, para a subasta que terá lugar no Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta:

>  3 xatos – algún deles para a monta natural,

>  9 xatas – algunha delas próximas ao parto

>  18 vacas – moitas delas paridas “de recién”

Gracias á colaboración de Xenética Fontao, todos os compradores serán obsequidados cun lote de dosis de touros probados, por cada animal adquirido. O transporte dos animais adquiridos corre a conta da comisión para os compradores da provincia de Lugo (982 284 391).

Ademáis Piensos Nanta (Nanfor), aportará parte da manutención do gando participante que entrará no Recinto Feiral o venres 18 de xullo, dende primeira hora da mañá, para proceder ao seu preparado (pelado, lavado, etc.) así como ao control da súa documentación (Miguel 609 750 853)

O muxido das cabezas de gando, correrá a cargo de Hermanos Falcón de Bretoña, que colabora deste xeito coa XVII edición da Subasta de Gando da Moexmu (606 394 856).

Nos vindeiros días, o persoal do Concello de Cospeito, en colaboración coa comisión organizadora procederá á preparación do “espacio entre naves” do Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta que todo esté listo para esta fin de semana.

Xa se teñen todos os permisos sanitarios concedidos polo Departamento Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.

Organiza a comisión organizora da MOEXMU e Africor Lugo (Ramiro 982 250 714). Colaboran Hermanos Falcón, Piensos Nanfor, Xenética Fontao, o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia.

15 de xullo de 2014 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.