publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

XIII Certame da Canción Mariñeira en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

O Departamento de Cultura do Concello de Laxe informa de que este domingo 27 de xullo a partires das 19.30 horas na praza de Ramón Juega, celebrarase o XIII Certame da Canción Mariñeira.

Esta nova edición do certame, como vén sendo costume, foi organizada dende os seus comezos polo Departamento de Cultura do Concello de Laxe en estreita colaboración coa Asociación Cultural municipal de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe.

As corais participantes no concerto deste ano por orde de actuación serán: Coral Santa Cruz procedente de Escobedo de Camargo (Santander), Coral Polifónica “Eixil” de Cedeira, Coral Vera Cruz de Aveiro (Portugal) e, como non podía ser doutro xeito, para concluír o acto, a Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, quen nos sorprenderá con novos temas no seu repertorio.

Todas as corais no seu programa de actuacións, interpretarán algunha peza relacionada co mar e o mundo mariñeiro mantendo vivo con elo o esprito co que nacía este certame fai 13 anos atrás: honrar e lembrar ás persoas que son ou foron traballadoras do mar, familiares e contorna máis próxima a través da música coral como parte importante da nosa tradición cultural musical.

De todos modos, durante a hora ou hora e media que durará o concerto, teremos oportunidade de escoitar outros temas corais moi heteroxéneos, procedentes incluso doutras culturas ben diferentes á galega.

Na celebración do Certame da Canción Mariñeira deste ano, colaborarán no seu financiamento: a Rede Cultural da Deputación da Coruña e a AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Xunta de Galicia.

A próxima cita cultural deste verán en Laxe, terá lugar vindeiro xoves día 31 de xullo cun novo pé de rúa ás 20 horas na Praza de Ramón Juega. Nesta ocasión contaremos coa compañía do MAGO TETO que nos presentará o seu espectáculo, denominado, “AS TOLEMAXIAS”.

24 de xullo de 2014 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.