publicidade hoxe

Vilar de Santos abre ao público a piscina municipal de auga salgada para a tempada de verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilar de Santos
A-
A+

A Electrólise Salina supón un novo concepto moi innovador no tratamento de piscinas. Trátase dun sistema que xera cloro a partir do sal común, que é o único elemento que hai que repoñer. O proceso funciona da seguinte maneira. A auga entra na depuradora para súa limpeza, pasa tamén polo Clorador Salino que cuns eléctrodos desinfectan a auga, mediante a electrólise. Desta maneira, a auga volve á piscina limpa e sen impurezas cun resultado óptimo, sen empregar produtos químicos.

Os usuarios da piscina van nadar en auga salgada e aproveitan a sensación de ter auga similar á do mar, aínda que cunha concentración salina inferior, pero cos seus beneficios. A acollida e satisfacción ten sido plena nestes anos de funcionamento. O obxectivo é garantir e seguir avanzando na calidade e o benestar de todos os usuarios que utilizan a piscina municipal.

Esta sistema aplica medidas de aforro e eficiencia enerxética mediante un sistema ecolóxico, seguro e sostible que ten posibilitado aforros do 80% no mantemento, evita a compra, o almacenamento e a manipulación de produtos químicos que xa non son necesarios e reduce o consumo de auga.

Este ano ultimáronse melloras de mantemento no vaso da piscina e tamén de xardinería e unha programación de actividades complementarias e cursos. Ademais todos os veciños e usuarios poderán utilizar as instalacións e os servizos que ofrece o Concello ao longo do verán na zona infantil de xogos e na Pista Polideportiva anexa.

3 de xullo de 2014 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.