publicidade hoxe

Viaxe polo patrimonio de Berdoias no luscofusco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

Este sábado en Vimianzo propoñen unha viaxe no luscofusco polo patrimonio de Berdoias no que se visitará o seu dolmen (Casota de Freáns), petróglifos do Pedrouzo, igrexa, cruceiro, casa fidalga e demais exemplos de arquitectura tradicional.

Os participantes sairán ás 8 da tarde do castelo, prégase estar uns dez minutos antes. Recoméndase levar LANTERNA e CHALECO. Por suposto, tamén cámara!

Para apuntarse recoméndase escribir con antelación a visitavimianzo@gmail.com. Tamén se pode chamar ao teléfono do castelo 981 716 354. Ou directamente no propio castelo, no punto de información. Chega con apuntar NOME e APELIDOS e TELÉFONO. De todos os xeitos, damos todas as facilidades, podéndose apuntar incluso no mesmo momento da saída do bus. Non hai límite de prazo.

A ruta guiada só custa 3 euros, autobus con desprazamento IDA e VOLTA incluído. Os nenos até 16 anos teñen entrada gratis.

24 de xullo de 2014 | 11:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.