publicidade hoxe

Vázquez Abad visita en Culleredo ao alumnado que participa nas estadías de inmersión lingüística

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou na xornada de hoxe o centro residencial docente da Coruña no que alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO participa no programa de estadías de inmersión lingüística dende o pasado 13 de xullo.

O número total de participantes é de 430 alumnos. Destes, 160 son do primeiro curso de educación obrigatoria nos que 48 proceden de centros sitos na provincia coruñesa, 16 da de Lugo, 13 da provincia de Ourense e 83 de Pontevedra. O número de alumnos de segundo da ESO que participan no programa é de 150, neste caso 57 proceden da provincia da Coruña, 26 de Lugo, 13 de Ourense e 54 da provincia de Pontevedra. Do terceiro curso participan 120 alumnos dos cales 44 chegan dende a provincia de A Coruña, 13 dende a de Lugo, 18 dende a provincia ourensá e 45 dende a de Pontevedra.

En total convocáronse para este verán 680 prazas, das que 530 son para estudantes de 1º, 2º, 3,º e 4º da ESO en réxime residencial na Comunidade Autónoma de Galicia e en estadías de dúas semanas con profesorado nativo. As 150 restantes foron dirixidas a que as alumnas e alumnos de 1º e 2º de Bacharelato melloren as súas competencias en inglés con estadías de unha semana en réxime residencial, facendo de novo un importante esforzo a prol da aprendizaxe de idiomas.

A estas sumaránselle arredor de 400 prazas máis para estadías que se levarán a cabo no outono e nas que, igual que agora, a Consellería sufragará entre o 85 e o 40% do custo das estadías que realicen as alumas e alumnos beneficiarios.

Contacto idiomático

O propósito desta iniciativa, enmarcada no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, non é só que os asistentes aprendan un idioma estranxeiro, senón que este idioma o poñan en práctica durante todo o día nas diversas actividades previstas e entre as que se inclúen talleres de teatro, actividades deportivas, obradoiros, excursións ou veladas nocturnas. Todo isto permitirá darlle unha formación lingüística, social, cultural e ambiental ao alumnado.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria preséntase un programa que lle permite ao alumnado formarse lingüisticamente e tamén como persoas. Deste xeito, os seleccionados para os cursos terán a oportunidade de desenvolver actividades como excursións, veladas lúdicas, actividades deportivas, xogos ou obradoiros temáticos.

17 de xullo de 2014 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.