publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Varias ONGs ambientais piden que se suspenda a construción de tres presas no río Támega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo do ValGalicia exteriorLazaOímbraPortada esquerdaVerín
A-
A+
Europa Press

As organizacións Ecoloxistas en Acción e a portuguesa Quercus pediron ao Goberno de Portugal que recapacite e suspenda a construción de tres presas no río Támega porque afectarán á Rede Natura 2000 e a cinco especies protexidas como o lobo ibérico.

Así, aseguran que a construción destas tres presas, proxecto de Iberdrola, afectará “significativamente” a especies protexidas e á Rede Natura 2000, polo que reclaman ao Executivo luso que revise o proxecto e á Comisión Europea que teña “maior vixilancia” do cumprimento da normativa ambiental.

O proxecto hidroeléctico do Támega (SET, polas súas siglas en inglés) inclúe a construción de tres presas no Támega, un afluente do Douro que nace en Ourense e que flúe por municipios como Laza, Verín, Castrelo e Oímbra.

Neste sentido, ambas as organizacións denuncian que de seguir adiante o proxecto, os ecosistemas da conca do Támega transformaranse e degradarán, incluíndo a creación de barreiras insalvables para especies piscícolas migratorias como a anguía (xa decimada nas concas dos ríos Douro e Támega).

Ademais, estiman que tamén se verán afectados os hábitats dalgunhas das últimas mandas de lobos, unha especie prioritaria, de acordo cos Directiva Hábitats, e clasificada en Perigo polo Libro Vermello dos Vertebrados en Portugal. O proxecto SET afectará á integridade do Lugar de Importancia Comunitaria de Alvão-Marão, como recoñece a propia Avaliación de Impacto Ambiental.

Ao mesmo tempo, lembran que na rexión do Alto Támega, desenvolveuse un proxecto de recuperación en base aos recursos locais e dirixido, sobre todo, ao turismo de natureza asociado á presenza do lobo e advirten das perdas socioeconómicas directas e indirectas e o especial impacto na agricultura e os viñedos.

“Trátase de proxectos de gran impacto ambiental e social, e de máis que dubidosa utilizade hidrológica e económica”, conclúen ambas as organizacións nun comunicado conxunto.

10 de xullo de 2014 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.