publicidade hoxe

Uns 85 cativos de entre 6 e 12 anos comezan o Campamento Vimiverán en Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVimianzo
A-
A+

A semana pasada desenvolvíase o Pequecampamento Vimiverán, un campamento urbano para nenos e nenas de entre 3 e 5 anos; esta semana son 85 rapaces de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos os que inician hoxe as activiades do Campamento Vimiverán. Durante esta semana disfrutarán de diferentes actividades como talleres de coiro, manualidades, xincanas, xogos na piscina, piragüismo, visitarán o Planetario da Obra Social La Caixa, realizarán unha ruta de sendeirismo a Sabadelle, para coñecer a saída ao mar do concello de Vimianzo, etc. E a xornada máis agardada polos participantes, coma vén sendo habitual, é a acampada do xoves no pavillón municipal, un día que pasan a noite todos xuntos fóra da casa, entre xogos, risas e diversión.

Os campamentos urbanos son unha actividade que goza cada vez de máis éxito na época estival, onde se reúnen nenos e nenas de todas as parroquias para aproveitar o tempo de lecer e facer amigos, axudando aos pais a conciliar, xa que moitos traballos non permiten dispoñer de tempo libre para facer actividades en familia.

Os maiortes de 16 anos tamén terán o seu campamento no mes de agost. Este xa fóra de Vimianzo, no país veciño, onde pasarán tres días de deporte de aventura e actividades culturais en Póvoa de Lanhoso, aproveitando para realizar unha visita á fermosa cidade de Braga.

Unha vez rematados os campamentos urbanos, o 15 de xullo dará comezo o curso de piragüismo, o 21 o torneo interparroquial de fútbol sala e o 22 o curso de natación na piscina municipal.

14 de xullo de 2014 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.