publicidade hoxe

Uns 50 mozos participan no proxecto ‘Aval Xóvenes’ para crear novas oportunidades de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontecesoXuventude
A-
A+
Beatriz Mato na visita a Ponteceso

Beatriz Mato na visita a Ponteceso

Un total de 50 mozos e mozas galegos de entre 18 e 25 anos están a participar no proxecto ‘Aval Xóvenes’ da Consellería de Traballo e Benestar (no marco da nova estratexia europea de garantía xuvenil), destinado a crear novas oportunidades de emprego e emprendemento para a mocidade galega e a dinamización económica do rural.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe a Casa dos Caseiros en Ponteceso (A Coruña), unha granxa familiar que busca abrir o mundo das explotacións agrarias familiares a un mercado cada vez maior, a través das novas tecnoloxías, por exemplo, a través da venta on line dos seus produtos, e que é unha das empresas que está a participar neste proxecto.

Segundo explicou a titular de Traballo, o obxectivo desta estratexia é que os menores de 25 anos que rematen a súa educación formal ou estean desempregados reciban unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas nun prazo máximo de 4 meses.

Mato lembrou que hai apenas dez días o Consello de Ministros aprobou o Decreto-Lei que vai regular a garantía xuvenil en España. Ao respecto, sinalou que Aval Xóvenes, foi un dos 15 programas seleccionados pola Comisión Europea de entre a multitude de proxectos presentados para funcionar como experiencias piloto da Estratexia de Garantía Xuvenil. O programa se está a desenvolver en dous sedes: a comarca de Bergantiños (Coristanco) e a de Terra de Melide (Melide).

O proxecto atópase arestora na súa segunda fase (tras superar unha primeira na que tivo lugar a selección dos participantes) que se centra na formación téorica e práctica e na orientación laboral dos mozos. Posteriormente, entrarase na terceira e derradeira etapa na que os mozos ultimarán os seus proxectos (de emprendemento ou autoemprego) coa axuda dun equipo técnico. O orzamento deste programa achégase aos 200.000 euros, o 90% procedente de fondos europeos, e prevé un obxectivo mínimo de inserción laboral de entre o 40 e o 50% dos participantes. Ata o momento xa se produciron catro insercións.

Plan de emprego xuvenil

Aval Xóvenes enmárcase nos esforzos que se está a realizar desde a Consellería para ofrecer máis e mellores oportunidades á mocidade, tal e como reflicte o Plan de Emprego Xuvenil, que conta con 19 medidas concretas e que vai ter 100 millóns de euros de orzamento para os próximos dous anos.

Está arredor de tres eixos tres eixes principais (a formación, a contratación e o emprendemento) e inclúe medidas novidosas, como os incentivos á contratación de NINIs, unha orde específica para autónomos, ou un programa para o desenvolvemento de cooperativas xuvenís.

O plan xa está en funcionamento integramente, xa que todos os departamentos que traballan nel (Traballo, Educación e Economía) puxeron en marcha a totalidade das medidas (19) que o compoñen. Esta iniciativa vai da man do Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, aprobado nos últimos meses, e co que se está a dar continuidade ás medidas máis efectivas da anterior Estratexia desenvolta entre 2010 e 2013, incluíndo as melloras que demanda a xuventude e o momento actual.

En total, nesta ferramenta, que conta con 11 eixos de acción e 240 medidas, vanse investir preto de 344 millóns de euros, co obxectivo dar resposta ás demandas e necesidades de preto de 450.000 mozos e mozas.
 

14 de xullo de 2014 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.