publicidade hoxe

Uns 450 atletas apuntáronse ao Maratón de Santiaguiño do Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O vindeiro venres, día do Apostol, celébrase o Maratón Popular de Santiaguiño do Burgo, carreira encadrada no Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, (CCCP) e que organiza o Concello de Pontevedra, a través do IMD, a Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo e conta coa colaboración técnica da Sociedade Ximnástica.

A organización da carreira continúa a bo ritmo e o luns á noite pechouse o prazo de inscrición para a mesma, anotándose un total de 451 atletas, todo un éxito.

Ás 11 da mañá darase a saída desde a Ponte do Burgo, para facer un percorrido rodeando as marismas da Alba, cunha distancia de algo máis de 6 km.

Pero antes a partir das 10 darase a saída ás carreiras para os menores de idade, desde os máis pequenos até os xuvenís; os que se queiran anotar para estas categorías poderán facelo o mesmo día desde as 8:30 da mañá no Pavillón Municipal, que será o punto de referencia para os corredores, recollida de dorsais, servizo de vestiarios, etc.

A recollida de dorsais para os maiores tamén poderá facerse no Pavillón Municipal o vindeiro xoves de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas.

Toda a organización do Maratón de Santiaguiño, lembrará o desgraciado accidente ferroviario de Angrois, que motivou a suspensión da carreira o ano pasado a 2 horas do seu comezo.

Segundo posto de Rafael Fuentes na carreira popular “Carneiro ao Espeto”

O atleta da Sociedade Ximnástica, Rafael Fuentes non puido imporse a Elías Domínguez na segunda edición da carreira Carneiro ao Espeto, que se celebrou en Moraña.

Nos 8 quilómetros do percorrido, con constantes subidas e baixadas, Elías marchouse en solitario nos últimos quilómetros. Aínda así brillante segundo posto de Rafa, que vén dunha lesión que lle impediu adestrar con normalidade desde finais de primavera.

22 de xullo de 2014 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.