publicidade hoxe

Uns 20 xóvenes participan no campo de traballo internacional de Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobadeXuventude
A-
A+

Un total de 20 mozos e e mozas están a participar, desde o 20 de xullo e ata o próximo día 29, no campo de traballo internacional de Cotobade “Emprendemento verde no rural”. Hai participantes procedentes de Taiwán, Italia, Francia e Rusia, así como galegos e galegas, e mozos e mozas doutras comunidades autónomas.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe esta iniciativa de carácter medioambiental, que se celebra na zona da “Carballeda de San Xusto”. Os voluntarios están a realizar tarefas de catalogación, limpeza, rozas de flora da zona ou sinalizacións, sempre respectando o contorno e a beleza dos sendeiros e da propia carballeira.

Ademais, tamén se organizan actividades con contido sobre emprendemento verde no rural, así como actividades de ocio relacionadas co medio natural como sendeirismo, tiro con arco ou visitas culturais.

Segundo resaltou Rodeiro, os campos de traballos son unha “excelente ferramenta” de educación non formal para a mocidade, xa que engloban experiencias de participación, de voluntariado e de mobilidade.

Dentro da campaña de verán, Galicia conta este ano cun total de 649 prazas para que participen mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. Deste total, 400 teñen lugar en campos de traballo de Galicia e 249 son de envío: ben a outras comunidades autónomas (101), ou ben a outros países (148). Grazas a esta oferta, a mocidade galega é a que máis prazas ten á súa disposición para participar en campos de traballo doutras comunidades autónomas ou países.

28 de xullo de 2014 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.