publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha traballadora resulta ferida tras quedarlle un brazo atrapado nunha máquina en Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha traballadora resultou ferida este martes tras quedarlle un brazo atrapado nunha máquina mentres realizaba o seu traballo nun establecemento situado na rúa Vila Amparo, no municipio coruñés de Laxe.

O centro de emerxencias 112 informa de que “nada máis recibir a alerta”, dun particular sobre as 18,30 horas, pasou aviso a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Carballo, aos efectivos do GES de Ponteceso e aos de Protección Civil de Laxar, así como á Policía Local.

Unha vez no lugar, estes últimos confirmaron que a muller xa fora liberada polos particulares que se atopaban no lugar do suceso, polo que non foron precisos os medios de excarceración.

8 de xullo de 2014 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.