Unha persoa resulta ferida grave nunha colisión en Vilalba
Unha persoa resultou ferida grave este mércores nun accidente de circulación ocorrido na estrada N-634 ao seu paso pola localidade lucense de Vilalba.
Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu ás 14.10 horas deste mércores na estrada N-634, cando o vehículo que conducía o ferido grave chocou frontalmente con outro.
O condutor tivo que ser rescatado do interior do vehículo polos Bombeiros de Vilalba, dado que quedara atrapado. No operativo participaron tamén efectivos de Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que trasladou ao ferido.