publicidade hoxe

Unha muller resulta ferida tras chocar o vehículo que conducía contra unha casa en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanasSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller duns 39 anos de idade resultou ferida nun accidente rexistrado na mañá deste venres ao chocar o coche que conducía contra unha casa no municipio de Cabanas (A Coruña).

O sinistro produciuse sobre as 7,00 horas ao chocar un vehículo contra unha casa tras sairse da vía cando circulaba polo quilómetro 22,8 da estrada N-651 no termo municipal de Cabanas.

Tras recibir a chamada de alerta dun particular cando pasaban uns minutos das 7,00 horas, o 112 deu aviso a Urxencias Sanitarias e aos efectivos do GES de Mugardos que, desprazados ao lugar, comprobaron que se tratou dunha casa abandonada con risco de derruba.

En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que trasladou á muller ferida, M.C.F.F., de 39 anos de idade, ao Hospital Arquitecto Marcide.

O Centro de Atención ás Emerxencias solicitou colaboración do persoal do servizo de mantemento da estrada, así como do persoal do Concello. Tamén os axentes da Guardia Civil, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Cabanas foron informados do sinistro.

4 de xullo de 2014 | 11:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.