publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller foi rescatada en parada e con síntomas de afogamento na Praia de Louro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMurosPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller de 66 anos foi rescatada este martes en parada cardíaca e con síntomas de afogamento na Praia de Louro, en Muros (A Coruña), e foi trasladada a un centro hospitalario.

Segundo informou o servizo de Urxencias Médicas-061 Galicia, o suceso aconteceu sobre as 12.45 horas deste martes, cando unha chamada á Central de Coordinación pedía asistencia médica para unha muller de 66 anos rescatada en situación de parada cardíaca da auga da Praia de Louro.

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia asistencial do 061, así como persoal sanitario do Centro de Saúde de Muros. Así mesmo, acudiu o helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago, que trasladou á muller ao Hospital Clínico de Santiago.

A muller presentaba unha parada cardiorrespiratoria secundaria a afogamento e foi reanimada en primeiro lugar polos socorristas da praia e, posteriormente, polo equipo sanitario, que a trasladou ao hospital.

29 de xullo de 2014 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.