publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un traballador resulta ferido tras recibir unha descarga eléctrica en Cartelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCartellePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home de 33 anos resultou ferido de gravidade este xoves na localidade ourensá de Cartelle tras sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaba nun poste eléctrico.

Segundo informou o 061-Galicia, a alerta activouse ás 10.29 horas deste xoves, indicando que un traballador de Fenosa recibira unha descarga eléctrica de 20.000 voltios. Como consecuencia da descarga eléctrica, o home sufriu unha parada cardiorrespiratoria.

Até o lugar do suceso desprazáronse dúas ambulancias asistenciais, o helicóptero medicalizado do 061 e persoal sanitario do CSE de Cartelle. Tras reanimar ao home, foi trasladado ao hospital Nosa Señora do Cristal.

17 de xullo de 2014 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.