publicidade hoxe

Un proxecto no que colabora Medio Ambiente recuperará 9 quilómetros do río Muíños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigránPontevedra
A-
A+
Gonzalo Mosquera na visita a Nigrán

Gonzalo Mosquera na visita a Nigrán

O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, e o alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, presentaron esta mañá o proxecto de recuperción dunha senda de nove quilómetros do río Muíños, neste concello pontevedrés. A delegada territorial de Vigo, Maria José Bravo Bosch, tamén participou na presentación deste proxecto, cuxo investimento se eleva a 800.000 euros.

Trátrase duns traballos de restauración e protección do río Muíños, no tramo que vai dende Praia América e Chandebrito. Augas de Galicia e o Concello veñen traballando coordinadamente na recuperación e posta valor do cauce deste río, así como no espazo natural configurado polo contorno das súas marxes, dun alto valor ambiental.

Tal e como se presentou esta mañá, os traballos consistirán nunha de limpeza integral e rexeneración de cauce, coa adecuación do mesmo e das superficies de ribeira coa retirada de fangos e materia vexetal depositada, que obstaculiza o fluxo do río.

Tamén se realizará a mellora integral do sendeiro existente, coa eliminación de material vexetal que obstaculice o paso e a circulación peonil, co obxectivo de acondicionar a zona para a recuperación e creación dun sendeiro peonil.

Ambas entidades tamén colaborarán na creación dos cruces e conexións entre ambas marxes e mellora da accesibilidade ao mesmo, así como a recuperación de bens pertencentes ao patrimonio cultural municipal e, por último, potenciarase a recuperación da flora e fauna autóctona.

Ecosistema dunar de Praia América – Panxón

Compre destacar que a semana pasada, a Consellería de Medio Ambiente publicaba no Diario Oficial de Galicia (DOG) a declaración provisional do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) do Ecosistema Dunar da praia América-Panxón no Concello de Nigrán.

A Consellería declara provisionalmente este espazo como ENIL polo prazo de dous anos. Neste tempo, o concello deberá presentar un plan de conservación do lugar e, unha vez aprobado, este lugar sería declarado de xeito definitivo.

As singulares características e beleza desta formación dunar, xunto ás especiais condicións das praias de Panxón e América, máis as zonas do bosque lindante; convértena nunha das zonas de maior interese recreativo do litoral.

Ademais é un dos espazos naturais de maior afluencia de público na época estival, ao cal tamén contribúe a súa proximidade ao núcleo urbano de Vigo e as boas comunicacións con outras provincias da comunidade e españolas.
 

22 de xullo de 2014 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.