publicidade hoxe

Un incendio nun restaurante de Culleredo obriga a evacuar aos comensais e persoal de servizo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoSucesos
A-
A+

Ás 16.30 horas de hoxe produciuse un incendio nun restaurante situado en Fonteculler, na contorna da sede de Protección Civil e da Policía Local.

A esa hora, un voluntario de Protección Civil de Culleredo, en concreto o recentemente nomeado xefe da unidade de intervención, viu como saía fume da parte traseira do local de hostalaría. Inmediatamente avisou ao servizo municipal de Protección Civil e atraviado cos equipos necesarios entrou no restaurante.

Alí había aínda uns 12 comensais nas súas mesas e o persoal de servizo, preto de 20 persoas. Inmediatamente procedeu á súa evacuación e a cortar a electricidade do local.

O lume iniciouse na cheminea, nun cóbado que fai o conduto cando pasa polo almacén. Froito da calor e a graxa expandiuse o lume cara á grella.

Protección Civil, facéndose valer duns 7-8 extintores sufocou as chamas. O resultado foi que se queimou a contorna da grella do local, especialmente o falso teito e a zona do almacén.

Chegados os Bombeiros de Arteixo procederon a arrefriar o local dada a gran tempratura que existía aínda.

Até o lugar persouse o primeiro tenente de alcalde e repsonsable de Seguridade Cidadá, José Ramon Rioboo, así como a Policía Local de Culleredo. Rioboo felicitou ao voluntario pola súa “pronta intervención” que evitou males maiores.

17 de xullo de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.