publicidade hoxe

Un grupo de veciños de Touro visitan as Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Participantes na excursión ás Rías Baixas

Participantes na excursión ás Rías Baixas

Ao redor de 40 veciños e veciñas de Touro visitaron hai só uns días varias localidades e puntos de interese turísticos das Rías Baixas. Os excursionistas, que gozaron dunha xornada de lecer, puideron coñecer varias localidades da Ría de Arousa, entre elas Riveira. Aí acudiron ao parque periurbano de San Roque, unha zona Temático-Cultural ao aire libre onde aprender vendo réplicas vinculadas co noso pasado, dos períodos Neolítico, Idade do Bronce e Idade do Hierro. Entre estas réplicas está o Dolmen de Axeitos. No parque tamén hai un Miradoiro con vistas a Ribeira.

O Concello de Touro programou para este verán unha serie de viaxes. Os interesados poden obter máis información na sede do Concello de Touro ou no teléfono 981.504.029. En setembro están programadas dúas excursións. A primeira será a Ourense e inclúe a visita ao Santuario das Hermidas, Viana do Bolo e os arredores da cidade das burgas. Os interesados poderán apuntarse até o 15 de setembro. A data da viaxe está por determinar, do mesmo xeito que o fin de semana nos Ancares.

21 de xullo de 2014 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.