publicidade hoxe

Touro vive o seu XII Festival de Bandas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Festival de Bandas de Touro

Festival de Bandas de Touro

Os veciños e veciñas de Touro viviron e gozaron esta tarde da música da súa XII Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e o Concello de Touro. A tarde asollada de verán estivo iluminada por música de bandas en Fonte Díaz, capital de Concello de Touro. Numeroso público acudiu á cita musical. Ao redor das cinco e media da tarde, tras uns breve pasarúas das tres bandas, comezou o festival. Centos de veciños e forasteiros acudiron ao Campo da Festa, onde se instalou o palco e unha carpa. Abriu o festival a Banda de Música Vila de Cedeira, baixo a batuta de Mateo Gómez Naval. Os mozos músicos interpretaron os seguintes temas: O tío Caniyitas, Rikudim, Cordilleiras de Ándelos e As Penelas. Seguiulle a Xove Banda de Narón, que dirixiu Francisco San Ramón Calvo. E interpretou: o pasodobre Rosal de Prata, A Storia, e Diagram. O festival pechouno a Banda de Música Isabel II de Touro, con José Lodeiro Xesto, o seu director, á cabeza. O repertorio interpretado: A Rodana, Dichter und Bauer e Mont Serrat. O tres bandas cultivaron os aplausos do público, que gozou dunha tarde de música e de verán.

27 de xullo de 2014 | 20:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.