publicidade hoxe

Touro pon en marcha un plan de emprego municipal financiado polo Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro puxo en marcha un plan municipal de emprego financiado ao 100% con fondos do propio concello. É a primeira vez que o Concello xestionado por Ignacio Codesido impulsa unha iniciativa deste tipo. O investimento total rolda os 50.000 euros.

O Concello de Touro xa acometeu a selección de persoal, que comezou a traballar a inicios do mes de xullo. O plan municipal de emprego inclúe a contratación de tres albaneis oficiais de segunda e de seis peóns. Son un total de nove contratos a media xornada que terán unha duración de cinco meses. Os traballadores dedicaranse á limpeza, mantemento e saneamento de núcleos e accesos a núcleos de poboación en todas as parroquias do municipio. Estas obras afectan a servizos esenciais do Concello de Touro, tal e como establece o artigo 26.2 da Lei 7/85 do 2 de abril de Bases de Réxime Local.

O Concello de Touro trata tamén con este plan de paliar os efectos da crise e o impacto que está a ter o desemprego no Concello. Esta acción tamén se complementará con outros programas de incentivo do emprego, aínda que financiados por outras administracións.

16 de xullo de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.