publicidade hoxe

Touro acolle o XXII Campionato de España de Cans de Rastro Modalidade Xabaril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O Concello de Touro será sede este sábado (19 de xullo de 2014) do XXII Campionato de España de Cans de Rastro (Modalidade Xabaril). A proba está organizada pola Real Federación Española de Caza (RFEC) e polo Consello Superior de Deportes e patrocinada polo Concello de Touro.

Touro acollerá aos participantes previamente clasificados nos seus correspondentes campionatos autonómicos. E que conforman as respectivas seleccións autonómicas dunha das modalidades máis espectaculares dentro do mundo do can de rastro. Haberá participantes de Galicia, Navarra, País Vasco, Cantabria, Asturias e Castela-León. “Non norte de España é onde está máis arraigada esta modalidade de rastrexo”, explica Manuel Martínez Casal, director da proba do XXII Campionato de España de Cans de Rastro. “Será unha proba cun elevado nivel”.

Mañá venres, 18 de xullo, comezarán a chegar os participantes a Touro. Serán recibidos pola organización e procederase á formación do comité de competición e elección dos dous delegados técnicos. Tamén se presentará a documentación, entregaranse os dorsais, sortearanse os campos e as quendas de participación na proba do día seguinte.

O día de competicións será o sábado, 19 de xullo. Os participantes concentraranse no Restaurante Casa Taboada de Loxo (Touro) ás 8.00 horas. Ás 9.45 horas sairán cara aos campos. E ás 10.15 horas está previsto que comece a proba. A final está programada para as 13.30 horas. A comida de Clausura do XXII Campionato de España de Cans de Rastro  será ás 15.00 horas en Loxo. E ás 17.00 horas está prevista a entrega de trofeos.

A RFEC, en colaboración co Concello de Touro e a Sociedade Unión Interparroquial de Caza de Touro, serán os encargados da organización da proba. Os organizadores esperan que o campionato atraia a Touro a un  bo número de amantes do mundo do rastro, con can atraillado. Esta modalidade cinexético deportiva, moi arraigada no norte e noroeste peninsular, conta con auténticos especialistas. O fundamental o binomio montero-can. A modalidade xabaril “é un espectáculo para gozar do deporte en plena natureza”, segundo explican os organizadores.

17 de xullo de 2014 | 19:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.