publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Solicítase a colaboración dos concellos para implantar os plans de emerxencia das presas de Portodemouros, Vilagudín e San Cosmade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArzúaCercedaGaliciaLocal PortadaOrdesTordoiaTouroVila de Cruces
A-
A+
Belén Do Campo na sesión de traballo do operativo

Belén Do Campo na sesión de traballo do operativo

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, presidiu esta mañá a reunión de coordinación para a implantación dos plans de emerxencia das presas de Portodemouros, Vilagudín e San Cosmade, que Gas Natural Fenosa xestiona nestas zonas. Ao encontro asistiron ademais responsables da compañía, técnicos de Augas de Galicia, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e da Delegación do Goberno en Galicia, así como representantes municipais dos concellos afectados en caso de risco: Arzúa, Touro e Vila de Cruces, no caso de Portodemouros, Ordes e Tordoia, respecto a Villagudín, e Cerceda e Ordes, en canto a San Cosmede.

Durante a xuntanza, solicitouse a colaboración destes municipios para a redacción dos plans de actuación municipais, na tramitación do permisos e licencias necesarios para os sistemas de aviso aos núcleos urbanos e facilitando no posible as medidas de comunicación da información aos cidadáns. Do mesmo xeito, expúxoselles o plan de emerxencia de presas e entregóuselles o documento de operatividade. Neste senso, Do Campo destacou que existe unha estreita coordinación entre a empresa e os servizos de emerxencia da Xunta, que “ofrecerán apoio técnico para a redacción dos plans de actuación municipais, para determinar, entre outros aspectos, os puntos de encontro en caso de evacuación ou informar a todos os axentes implicados de como actuar de producirse un accidente”.

Neste senso, a delegada territorial sinalou que “aínda que poboación debe estar tranquila, pois o risco que se produza un accidente é moi reducido, é necesario que coñeza as accións a adoptar no caso de que ocorra algunha incidencia nestas presas”. Por este motivo, está previsto que nos vindeiros meses se deseñe a campaña de información aos veciños e veciñas sobre as medidas de autoprotección que deben adoptar no caso de activarse o plan de emerxencia, una actuación para a que tamén se solicitou esta mañá a colaboración dos municipios afectados.

1 de xullo de 2014 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.