publicidade hoxe

Sober súmase a ‘Emprende en 3’ para axilizar os trámites de creación de empresas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober vén de adherirse ao proxecto ‘Emprende en 3’ cuxo obxectivo é a redución dos prazos para a creación de empresas mediante a unificación das plataformas tecnolóxicas existentes e a simplificación dos trámites involucrados no marco da Ley 12/2012 de 26 de decembro de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos.

‘Emprende en tres’ é unha iniciativa para axilizar os trámites de creación de empresas e outras comunicacións relacionadas cos emprendedores e as Administracións Públicas no ámbito local. En particular, integra as iniciativas de creación de empresas a través de internet engadindo a posibilidade de presentación de determinadas declaracións responsables directamente aos municipios adheridos, a través dun formulario electrónico.

O proxecto facilita a constitución e posta en marcha dunha actividade empresarial, mediante o envío inmediato de declaracións responsables aos municipio adheridos, de maneira que poidan comunicarse os datos necesarios para a actividade empresarial.

Ademais, para as actividades comerciais e de servizos contemplados na Ley 12/2012 ‘Emprende en 3’ ofrece a posibilidade de realizar trámites adicionais relacionados coa actividade da empresa, mediante a presentación da declaración responsable ante o municipio no que se atope o establecemento no que se desempeñan, sempre que este forme parte da plataforma.

A plataforma ofrece dúas vías de acceso, unha no momento da creación da súa empresa a través do portal CIRCE, accesible tamén desde a rede de PAITs e Rede de Ventanillas únicas Empresariais, e outra a través do portal da Ventanilla Única EUGO.

A iniciativa está liderada pola Administración Xeral do Estado, coa colaboración das Comunidades Autónomas e as Entidades Locais, representadas pola Federación Española de Municipios e Provincias.

16 de xullo de 2014 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.