publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sober inaugura o verán cultural cunha nova edición do certame de bandas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Concello de Sober inaugura este domingo 6 de xullo a súa programación cultural de verán cunha nova edición do certame de bandas.

Nesta ocasión o concerto estará protagonizado pola Banda de Música de Sober e a Banda Xuvenil de Narón. O acto será ás 18:00 horas no Centro Sociocultural e a entrada será gratuíta.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a participar nesta actividade á que seguirán outras durante os meses de verán nas que tamén colabora o Concello, como o concerto de Sidonie en Regina Viarum ou a Baila á luz da lúa que terá lugar a finais de agosto.

4 de xullo de 2014 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.