publicidade hoxe

Sidonie ofrecerá un concerto nas Bodegas regina Viarum de Doade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSober
A-
A+

cartel-sidonie-soberO Goberno local do Concello de Sober colabora cos organizadores do concerto que Sidonie ofrecerá nas Bodegas Regina Viarum, en Doade, o vindeiro sábado 12 de xullo. En concreto, o Goberno local facilitará entradas para os veciños e veciñas do municipio a un prezo reducido por importe de dez euros.

Todos os veciños e veciñas interesados en participar neste evento poderán mercar as entradas na Oficina Municipal de Turismo beneficiándose dun importante desconto.

Todos os que non sexan de Sober terán acceso ás entradas en Ticketea, así como en Santiago, en A Reixa tenda; en Lugo, no Jazz & Beer; e en Ourense, no Torgal. O prezo da entrada anticipada será de 15 euros e de 18 euros en taquilla.

Os organizadores prepararon unha xornada que comeza ás 13:00 horas cunha sesión vermú. Ás cinco da tarde haberá un percorrido en barco polos Canóns do Sil con concerto sorpresa (cuxo prezo non está incluído na entrada do concerto). Ás 20:00 horas será o concerto de Sidonie ao que lle seguirá unha afterparty a partir das 23:00 horas.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, destaca a posta en marcha de iniciativas lúdico culturais coma esta “coas que Sober sigue dándose a coñecer a nivel internacional, como tamén conseguimos cos visita de Sôber da pasada fin de semana”.

1 de xullo de 2014 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.