publicidade hoxe

Sanidade recomenda ao Concello de Poio evitar o baño na praia de Laño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPoioSucesos
A-
A+

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a través da súa Xefatura Territorial de Pontevedra, no marco do seu Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia na presente tempada, está efectuar mediante mostraxe, os controis de calidade das augas das zonas de baño da provincia censadas en marzo deste ano e daquelas sometidas a control microbiolóxico para verificar que as medidas correctoras adoitadas polos Concellos, melloran a calidade das zonas con calificación insuficiente, cando así fora solicitado polo Concello.

Sobre a base dos resultados das analíticas das mostras tomadas na Praia de Laño, no Concello de Poio, e logo de aplicar o cálculo estatístico que establece a normativa,esta zona de baño terá durante toda a tempada de 2014 a calificación de insuficiente, independentemente do resultado das mostraxes que se efectúen durante o presente exercicio que, segundo establece a normativa, serán utilizados para o cálculo da seguinte calificación.

Calificación orientativa

A Consellería sinala que dita calificación non implica que as augas estean permanentemente contaminadas, senon que orienta sobre a maior probabilidade de exposición dos bañistas a episodios de contaminación. Polo que, segundo a normativa, nestas circunstancias, é preceptivo para o Concello informar ao público da calidade das augas de baño, e da recomendación de non bañarse ou da súa prohibición, para evitar a exposición á contaminación.

Segundo establece o artigo artigo 4.4.b da Directiva 2006/7/CE, se nos Concellos se ponen medidas para mellorar a calidade da auga de baño, a clasificación sanitaria pode cambiar na seguinte tempada na que se demostre que estes cambios melloran a calidade da auga.

Deste xeito, aplicando a normativa, o Concello de Poio terá que manter durante toda esta tempada visibles para os usuarios os carteis que non recomendan o baño. Así mesmo, nestes casos, procede investigar e identificar a causa dos resultados desfavorables, para adoitar medidas correctoras, informando a Consellería de Sanidade para que ésta, mediante os controis periódicos da presente tempada, poda verificar a súa eficacia e de obter resultados favorables, proceda a recalificar a zona de baño na próxima tempada.

Segundo a lexislacion vixente -Real Decreto 1341/2007 de incorporación da normativa europea, Directiva 2006/7/CE- as autoridades competentes aplicaran as medidas necesarias para que, a finais do ano 2015, todas as augas de baño sexan de calidade polo menos suficiente. A Lei 8/2008 do 10 de xullo, de Saude de Galicia, indica que e a Administracion local a competente no control sanitario do medio natural no seu ambito territorial.

Obxectivos do Programa

O obxectivo principal do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia é minimizar os riscos de contraer algunha enfermidade ao bañarse nas augas marítimas ou continentais da provincia.

Para iso, vixíanse as augas das zonas de baño censadas; identifícanse as verteduras que poidan supoñer unha deterioración da salubridade das zonas de baño; facilítase que todos os usuarios dispoñan de información sobre a calidade microbiolóxica das augas durante a tempada de baño a través dos concellos, entidades responsables da xestión, e infórmase ás sobre as súas condicións.

Neste sentido, no Programa defínense as augas de baño como aquelas onde se prevexa que poidan bañarse un número importante de persoas ou exista unha actividade próxima relacionada directamente co baño e no que non exista unha prohibición permanente de baño e onde non exista perigo para o público.

29 de xullo de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.