publicidade hoxe

Rosa Quintana descobre a agricultura ecolóxica e os produtos gourmet de La Finca de los Cuervos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTeo
A-
A+
Rosa Quintana na visita a La Finca de los Cuervos. Foto: X. Crespo

Rosa Quintana na visita a La Finca de los Cuervos. Foto: X. Crespo

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá no concello de Teo as instalacións de La Finca de los Cuervos SL, especializada en agricultura ecolóxica e produtos gourmet. Durante o transcurso da visita a conselleira destacou o carácter investigador e innovador da empresa e a súa aposta polos produtos típicos da horta galega.

A produción hortícola de calidade é un sector estratéxico dentro do noso agro. En Galicia hai 850 explotacións profesionais de horta baixo cuberta, con preto de 150 ha de superficie de invernadoiros. Nese sentido a titular de Medio Rural e Mar cualificou de esperanzador o proceso de expansión que está a protagonizar a empresa e que levará a mercados alleos uns produtos de altísima calidade con selo galego.

Ademais a conselleira salientou o seu afán por recuperar especies tradicionais e autóctonas, como o chícharo bágoa, orixinario de distintos puntos da xeografía galega e considerado un auténtico manxar na alta cociña. Galicia polas súas condicións climáticas e a súa tradición produtiva, é unha comunidade idónea para os cultivos hortícolas de calidade.

Finca de los Cuervos SL

A empresa que foi fundada no ano 2009, conta con cinco fincas especializadas, ten unha extensión de 1,5 ha e desenvolve unha agricultura respectuosa co entorno.

Conta con dúas áreas de negocio, a primeira centrada nos monocultivos, con máis de 2.000 metros cadrados de invernadoiros e 10.000 leitugas en produción, destinados a grandes clientes. A segunda de alta hostalería sustentada en terreos de 10.000 metros cadrados, con produtos que van destinados aos usuarios finais dos restaurantes aos que a compañía subministra.

No mes de outubro a compañía abriu unha delegación en Madrid co afán de estender fora de Galicia as súas producións.

30 de xullo de 2014 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.