publicidade hoxe

Riveira acolle un curso sobre criminoloxía da Universidade Internacional Menéndez Pelayo con máis de 100 asistentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRiveira
A-
A+

Dende o día de hoxe, o Auditorio Municipal de Riveira está a albergar un curso de verán sobre criminoloxía e psicoloxía forense organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Nun principio o lugar para celebrar ía ser o Centro Cultural Lustres Rivas, con capacidade para 70 asistentes, pero foi tal o interese recibido que houbo que trasladalo a este outro espacio municipal, ao ser un total de 107 o número de inscritos, o que convierte a este ciclo formativo na acción máis numerosa de todas cantas organizou a UIMP este verán Galicia.

A xornada de hoxe contou co acto inaugural, a cargo do director da UIMP, Domingo Bello Janeiro; o alcalde Manuel Ruiz e o director do curso, o riverense Gualberto Buela-Casal, presidente da Asociación Española de Psicoloxía Condutual e catedrático de Psicoloxía na Universidade de Granada, ademais de Emilio Calatayud, maxistrado xuiz do Xulgado de Menores de Granada, que se encargou de impartir a primeira ponencia, titulada “Cass prácticos: algunas sentencias ejemplares”.

Inerdisciplinar

Bello Janeiro destacou a magnífica acollida deste curso e salientou esta iniciativa como “foro de debate interdisciplinar máis aló da ensinanza regrada nas aulas”.

Tamén Buela-Casal salientou a circunstancia de superar os 100 asistentes cando habitualmente non se sobrepasa do medio centenar, ademais de poñer en valor o alto nivel dos relatores participantes.

En canto ao rexedor Manuel Ruiz, agradeceu a boa disposición da UIMP para organizar ano tras ano cursos en Riveira e aproveitou a súa intervención para convidar aos oíntes a disfrutar dos moitos dos atractivos turísticos que ofrece este municipio barbanzán.

O curso prolongarase ata o 30 de xullo e contará coa participación de relatores de primeiro nivel, tanto pertencentes ao mundo académico como psicólogos e xuíces, cunha alta cualificación técnica e con dilatada experiencia profesional.

Así, ademais dos citados Emilio Calatayud e Gualberto Buela-Casal, tamén conta coa participación de José Manuel Lorenzo, Catedrático de Dereito Penal da USC; Lorenzo Morillas, catedrático de Dereito Penal da Universidade de Granada e Director do Instituto Andaluz Interuniversitario de Criminoloxía; Ramón Arce, presidente da Sociedade Española de Psicoloxía Xurídica e Forense e catedrático de Psicoloxía Xurídica da Universidade de Santiago de Compostela; e Francisco Fariña, catedrático de Psicoloxía Xurídica da Universidade de Vigo.

28 de xullo de 2014 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.