publicidade hoxe

Resofocos inaugura no Teatro Colón un mes de agosto cheo de humor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O Teatro Colón retoma a actividade o vindeiro 8 de agosto coa comedia Resofocos. Charo Reina, Soledad Mallol e Elena Martín –integrantes de Las Virtudes- e Fabiola Toledo son as protagonistas desta proposta que poderá verse no Teatro Colón do venres 8 ao domingo 10 de agosto.

Resofocos é unha visión irónica sobre os cambios hormonais das mulleres chegada a menopausa e a súa influencia na vida cotiá. Novas historias en lugares como unha perruquería, un supermercado ou un ximnasio forman parte desta comedia que promete liberar ás mulleres do falso mito da histeria hormonal unha vez acadado o medio século e que converterá aos homes nos seus cómplices. A obra, dirixida por Juan Luis Iborra, conta coa colaboración especial de Carlos Sobera e coa sinatura de Agatha Ruíz de la Prada na escenografía e no vestiario.

Despois de Sofocos e Más Sofocos chega esta terceira parte da exitosa serie que xira en torno á madurez da muller. Máis de 200.000 espectadores e 560 horas de risas en 23 cidades. Agora chegan de novo ao Teatro Colón da Coruña no que xa estivo Sofocos, cun enorme éxito de público e entradas esgotadas para todas as funcións.

Un mes cheo de humor

Ademais de Resofocos en agosto pasarán polo Teatro Colón Bertín Osborne e Paco Arévalo co seu espectáculo El renovado show de 2 caras duras en crisis, do venres 15 ao domingo 17 cun total de cinco funcións. Contaremos tamén coa estrea de Enfrentados, o último espectáculo de Arturo Fernández, no que o actor madrileño interpreta a un sacerdote. Enfrentados poderá verse do 22 ao 26 de agosto cun total de seis funcións.

Para algunhas destas funcións puxemos en marcha unha promoción especial para fomentar a venda anticipada que consiste nun pack de Superbock Negra Sin de balde por 2 entradas compradas antes da data estipulada para as seguintes funcións: venres 8 de agosto ás 20.30 horas para a comedia Resofocos, venres 15 de agosto ás 18.00 horas para o show de Bertín Osborne e Paco Arévalo e martes 26 de agosto ás 20.30 horas para Enfrentados. Para todas estas funcións a promoción só é válida para entradas compradas cunha semana de antelación, quedan excluídas aquelas entradas que non se adquirisen cunha antelación mínima de sete días antes da data da función.

A programación de verán do Teatro Colón está patrocinada por Superbock Negra Sin. As entradas pódense  adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Novacaixagalicia, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. Os espectadores poden adquirir tamén no despacho de billetes do Teatro Colón a Tarxeta Teatro Colón, un programa de abonados con innumerables vantaxes como descontos nunha trintena de locais comerciais da Zona Obelisco ou no hotel NH Atlántico.

28 de xullo de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.