publicidade hoxe

Reforzo de firme en 33 quilómetros de varias estradas de Betanzos, Oleiros, Sada, Bergondo e Paderne

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBergondoBetanzosLocal PortadaOleirosPaderneSada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas de Galicia (AXI), licita hoxe no Diario Oficial de Galicia as obras de rehabilitación localizada do firme en case 33 quilómetros de varias estradas coruñesas. Os veciños dos concellos de Betanzos, Oleiros, Sada, Bergondo e Paderne beneficiaranse destas tarefas de mellora, o que supón que unha poboación de máis de 72.000 habitantes verá como mellora a seguridade viaria grazas ao reforzo de firme destas catro estradas.

As actuacións consisten na reparación para mellorar e prolongar a vida útil do pavimento. Os traballos e contan cun orzamento de 543.000 euros.

Obras a realizar

Estas obras consistirán na reparación do firme existente mediante algunha ou varias das seguintes actuacións, segundo a necesidade de cada punto: fresado do firme existente e a reposición da capa de rodadura en puntos con deformacións, ou a extensión de microaglomerados para mellorar a regularidade superficial. Estes traballos complementaranse coa limpeza de marxes, reperfilado de cunetas e reposición da sinalización.

Para elo, realizaranse máis de 160.000 metros cadrados de fresado; e empregaranse preto de 4.000 toneladas de mestura bituminosa. Ademais, instalarase a sinalización e balizamento e a correspondente xestión de residuos.

16 de xullo de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.