publicidade hoxe

Rapaces de Val do Dubra disfrutan dunha tarde de contacontos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+
Sesión de contacontos

Sesión de contacontos

Nenos e nenas de todas as idades de Val do Dubra e forasteiros desfrutaron onte dunha tarde de contacontos na área recreativa de Bembibre, na beira do Dubra e moi pertiño da piscina municipal. Foi unha fermosa tarde soleada que os máis pequenos aproveitaron ao 100%. A eso das 18.30 horas comenzou a sesión organizada polo Concello de Val do Dubra. O contacontos e obradoiros, ‘Ía un can polo monte, quéres que cho conte’ estivo a cargo de Andobela. E durante un bo pedazo mantiveron a atención dos máis pequenos, que non deixaron de rir e divertirse cos contos e pequenas historias.

31 de xullo de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.